Estás en:A cultura é un dereito Xornada IV Mulleres e innovación das artes intermedia

Xornada IV Mulleres e innovación das artes intermedia

· IV XORNADA ·

5ca74d91c1d5d.jpg

 

8 e 9 de Abril 2019

Teatro Colón, A Coruña

 

 

Postfeminismo // Vídeo Poesía, novas dramaturxias, artes dixitais, bioperformance e prácticas intermedias nas artes do movemento

Unhas xornadas que exploran as conexións entre redes dixitais e artes escénicas, co obxectivo de converterse nun motor de innovación creativa e pensamento contemporáneo.

Un desafío as narrativas convencionais, un enfoque interactivo coas novas linguaxes escénicas e os territorios de expansión da transversalidade, onde a tecnoloxía preséntase como unha forma de reinventar as artes vivas.

Unha cultura dixital sen precedentes, inclasificable e visionaria que fomenta o encontro do inesperado.

Cun programa de xénero, unha fiestra de visibilidade para as mulleres que contribúen á cultura da innovación tecnolóxica no marco das Media_artes.

Un programa comisariado por Rosa Sánchez, directora artística do Festival Internacional ECOSS, ecosistemas do inesperado e da Compañía de arte Intermedia Kònic Teatro, de Barcelona.

SESIÓN 8 DE ABRIL 2019: ELAS TEÑEN A PALABRA

Explora desde diferentes perspectivas, como traballan as mulleres o texto, a dramaturxia e o audiovisual.

 

SALA 2

15:00 h. - 18:30 h. OBRADOIRO de vídeo poesía.

Conducido por Belen Montero, creadora audiovisual e multimedia, directora de Versogramas.

Procesos #VP un achegamento teórico-práctico á composición multimedia, de xénero, tecnoloxía e fala. Utilizaremos os nosos dispositivos móbiles e as nosas apps como ferramentas técnicas de composición.


18:30 h. - 18:45 h. open lab-impro aberto ao público e conclusión de final do Obradoiro.

 

TEATRO

19:00 h. - 19:30 h. Apertura da Xornada.

A cargo de Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación de A Coruña e Deputada de Cultura.


19:00 h. - 20:30 h. Mesa de debate.

Escrituras da escena, Mediaturxias e audiovisual: contribucións de Xénero

A escritura, a dramaturxia, a dirección de escena ou a realización que incorpora o audiovisual e outros medios dixitais nas escrituras e realizacións de mulleres autoras. 

Unha conversa con

Marta PerezActriz e creadora escénica, directora de Inversa Teatro.

  Proxecto: Conciencia feminista como motor de creaciónsobre as propias contradicións que o   novo panorama escénico nos amosa, desde os corpos, ata as imaxes, textos e movementos   

Sonia Méndez Alonaoactriz, realizadora audiovisual e directora do Festival Carballo Interplay. 

  Proxecto: Por min e por todas as miñas compañeiras. Aventuras e desventuras dunha creadora. Unha reflexión sobre a hipervisibilidade de mulleres como obxecto da representación versus a invisibilidade persistente como suxeito creador.

Belén Monterodirectora e creadora audiovisual e multimedia, directora de Versogramas.

  Proxecto: Ruta #VP. Vivencias de dirección en proxectos Multimedia desde unha perspectiva de xénero, e do achegamento ao formato da videopoesía

Modera:  Irene MoreiraDirectora de escena, fundadora e xestora da Sala Ingrávida, O Porriño

 

20:30 h. - 21:00 h. Teatro-conferencia, Sofía  de Marta Pérez ( Inversa Teatro ).

Unha peza curta que trata da violencia de xénero, co texto escrito por mulleres. Sofía  está elaborada ad hoc a partires da peza maior Sofía e as Postsocráticas. A acción dunha duración de trinta minutos ofrece unha panorámica ante o que sustenta a violencia de xénero: o silencio, a negación, a xustiza patriarcal e o efecto espectador.  A peza está pensada para que despois se poida abrir un debate a partires do exposto.

Entradas en: TEATRO COLÓN

 

SESIÓN 9 DE ABRIL 2019: ELAS SON DIXITAIS / INTERMEDIA

Explora desde diferentes perspectivas a aportación das mulleres no ámbito da arte, ciencia e tecnoloxía.

 

HAL

15:00 h. - 18:30 h. OBRADOIRO de creación dixital.

Conducido por Maria Castellanos, Artista, investigadora e docente da Universidade de Vigo.

Experimentación audiovisual con interfaces brandas. Os participantes crearán a súa propia interface sensible, con sensores e moldes de creación dixital, para interaccións sonoras e visuais.


18:30 h. - 18:45 h. open lab-impro aberto ao público e conclusión de final do Obradoiro.

 

TEATRO 

19:00 h. - 20:30 h. Mesa de debate. 

Arte Intermedia ¿ territorio de okupación? contribucións de Xénero.

As miradas e experiencias desde as diversas prácticas profesionais configurarán unha imaxe poliédrica da presencia e importancia de ser muller nos contextos das ACTS (Arte, Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade).

Margarita Ledo Andión, Realizadora, Investigadora e docente da Universidade de Compostela USC.

  Proxecto: Recoñecer o corpo, recoñecer a fala. Paseata polo meu traballo máis  amador e persoal a partir da relación entre o corpo e a fala. É a voz  e o corpo en exilio da actriz de orixe galega María Casares no filme de Alain Resnais Gernika, 1945

. Nieves Rodríguez Brisaboa, Enxeñeira Informática, Investigadora e docente Universidade da Coruña.

  Proxecto: Unha reflexión sobre o impacto da nova economía dixital na sociedade. Na perda masiva de postos de traballo  e de dereitos laborais....e sobre a necesidade dun novo pacto social.  E importancia de ter talento femenino nas carreiras tecnoloxícas e as consecuencias de non o ter.

. Maria Ruido, Realizadora, artista visual, investigadora e docente da Universidade de Barcelona.

  Proxecto: La fábrica y el sexo. Sobre la representación de la división sexual (y racial) del trabajo y como producción y reproducción se están fusionando en el biocapitalismo actual. El cuerpo de todos y todas es ya nuestro territorio fundamental del trabajo contemporáneo, del trabajo en tiempos de la "uberización"

Modera: Silvia García González, Profesora e decana da Facultade de Belas Artes de Pontevedra

 

HAL

19:00 h. - 22:00 h. Instalación Interactiva The Plants Sense, de María Castellanos e Alberto Valverde, (O dúo Artístico- tecnolóxico que traballan xuntos desde o 2009, con unha recoñecida traxectoria internacional. Son docentes na Universidade de Vigo).

The Plants Sense : No vestíbulo do teatro un xardín vivo, onde o público pode experimentar o que as plantas senten a través de sensores e dispositivos creados para esta peza.

A peza está formado por un xardín interactivo no que diferentes sensores miden as oscilacións eléctricas das plantas conectadas e mostran as súas reaccións bioquímicas á presencia humana e ao ambiente que os rodea.

 
20:30 h. - 21:00 h. Experiencia guiada e presentación da obra, comentada pola artista.

 

TEATRO 

21:30 h. - 22:30 h. Espectáculo #14SKYLINE, da Compañia Kònic Teatro. Dirección escénica Rosa Sánchez.

Kònic Unha Plataforma especializada en linguaxes escénicas interactivas, o seu traballo foi presentado en máis de trinta países de Europa, Asia, África e América

3 mulleres en escena para falarnos de como os media manipulan as persoas. Referente exploratorio a Psicopolítica nun contexto feminino-tecnolóxico.

Un proxecto escénico de danza, música, luz, audiovisuais, escultura, dispositivos tecnolóxicos deseñados por kòniclab.

Entradas en: TEATRO COLÓN