---
title: "Residencias artísticas"
description: "Residencias artísticas. É un programa que ofrece a un artista o espazo, o tempo, os recursos e o acompañamento para traballar individual ou colectivamente na súa práctica artística, no seu oficio. Por..."
url: https://aculturaeundereito.gal/es/escora-danza/residencias-artisticas/
date: 2026-04-15
modified: 2026-07-14
author: "admin"
type: page
lang: es
---

# Residencias artísticas

# Residencias artísticas

É un programa que ofrece a un artista o espazo, o tempo, os recursos e o acompañamento para traballar individual ou colectivamente na súa práctica artística, no seu oficio.

## Por que facer Residencias Artísticas na Costa da Morte

Porque a riqueza cultural, artística, paisaxística e natural da Costa da Morte, a peculiaridade dos seus espazos, entornos e xentes, xeran un contexto óptimo no que concentrarse na creación artística e no que permitirse interactuar coa veciñanza, co territorio, coa historia e coa tranquilidade.

Porque as artes vivas e en concreto a danza contemporánea non son unha disciplina tan recoñecible na Costa da Morte, a través das residencias desexamos contribuir na normalización e a presenza das escénicas no territorio.

![](https://aculturaeundereito.gal/wp-content/uploads/2026/04/imagen-escora-danza-residencias-artisticas-01.jpg)

Residencias de 2026

Tras la visita a Vimianzo en 2025 y con la colaboración del ayuntamiento, reactivamos una residencia artística en el Auditorio de la Casa da Cultura como espacio de creación. En esta quinta edición, patrocinamos a Eva Comesaña y Marcos Alonso, quienes pasarán dos semanas, del 2 al 14 de junio, con su proyecto “Hiranya”.

Siguiendo la línea de ediciones anteriores y con un firme compromiso con la mediación cultural, este quinto aniversario también incluye dos procesos de creación específicos y únicos con la comunidad: uno en Malpica de Bergantiños, con la Asociación Cultural Raigañas y la dirección artística de Rut Balvís; y otro en Mazaricos, con “TRAKTOR”, con los estudiantes de danza y barrio del municipio, dirigidos por Anuska Fernándes y Yas Deluaces. Ambos proyectos se desarrollarán durante varios meses en este año 2026.

De esta forma, el programa Escora 2026 incluye dos procesos de creación comunitaria y una residencia artística, con sus correspondientes muestras de trabajos en proceso y mediación con asociaciones y centros educativos de la zona.

Residencias de 2025

Tras o paso en 2024 por Corcubión, e grazas ao diálogo co concello, voltamos a activar unha residencia artística no mesmo, desta vez xogando entre os espazos do Centro de Día, a Capela do Pilar e a Nave de Protección Civil. Nesta edición 2025 contamos con **Fran Rodríguez** e **Brais Pombo** co seu proxecto ***Do outro lado***.

Como incorporación para **Escora**, por primeira vez o programa conta co **Concello de Vimianzo**, que ofrece a posibilidade ao programa de incorporar o seu Auditorio do Concello como espazo de residencias. Así **Noel Quintela** pasa dúas semanas co seu proxecto “León”, que acaba mudando o título a ***Cairo***.

Deste xeito, o programa de Escora 2025 inclúe dúas residencias artísticas, coas súas correspondentes mostras dos traballos en proceso e mediación coas asociacións de teatro e tradicional da contorna.

Fran Rodríguez e Brais Pombo | Do outro lado | 2025

Centro de día y capilla del Pilar de Corcubión. Nave de Protección Civil del puerto , Concello de Corcubión

[](https://aculturaeundereito.gal/es/obra-residencia/fran-rodriguez-e-brais-pombo-do-outro-lado-2025/)

Noel Quintela | Cairo | 2025

Auditorio de Vimianzo | Aula de las Piscinas Municipales, Ayuntamiento de Vimianzo

[](https://aculturaeundereito.gal/es/obra-residencia/noel-quintela-cairo-2025/)

Residencias de 2024

Trala boa acollida da residencia artística en Camelle no 2023, decidimos volver a apostar polo mesmo formato en colaboración con **A Casa no Alto, Mar de Fábula e o Concello de Camariñas**. Esta vez, estivemos en diálogo co **Colectivo VACAburra** para que foran elas que puideran vivir a experiencia en Camelle, co seu novo espectáculo ***Ruar***.

Durante o proceso de mapeado de ESCORA 2024, **atopamos en Corcubión unha vontade especial** para que a experiencia de ESCORA fose máis alá da data do evento con algunha acción que puidera trascender e deixar unha pegada máis concreta no territorio. Deste xeito coñecimos non só os espazos municipais cos que conta o concello, senón tamén o intenso tecido sociocultural do lugar. Finalmente, en diálogo co Concello de Corcubión, tomamos a decisión de **activar unha segunda residencia artística co artista Félix Fernández en Corcubión, entre o Centro de día e a Nave de Protección Civil do Porto co seu proxecto *Xavier a través de min*.**

Deste xeito, o programa de ESCORA 2024 inclúe dúas residencias artísticas, coas súas correspondentes mostras dos traballos en proceso. É un orgullo para nós continuar afianzando as relacións territorio-artista e artista-territorio, facendo por unha banda que a danza contemporánea teña cada vez máis pegada na Costa da Morte, a un tempo que podemos acoller novos proxectos de danza e artes do movemento de artistas galegas.

Colectivo VACAburra | Ruar | 2024

La Casa en lo Alto, Camariñas

[](https://aculturaeundereito.gal/es/obra-residencia/colectivo-vacaburra-ruar-2024/)

Félix Fernández | Xavier a través de mí | 2024

Centro de día y Nave de Protección Civil del puerto,

[](https://aculturaeundereito.gal/es/obra-residencia/felix-fernandez-xavier-a-traves-de-mi-2024/)

Residencias de 2023

No 2023 activamos por primeira unha residencia artística no contexto de ESCORA. Isto aconteceu porque coñecimos o proxecto **A Casa no Alto**, dirixido polo artista visual e xestor cultural **Pablo López**, que no ano anterior tiña realizado diversas residencias artísticas na vila de Camelle.

Para nós tanto o contexto como as historias que nos contaba Pablo e a complicidade que pronto tivemos con el, foron indicadores claros de que tiñamos que activar unha residencia artística en Camelle. Para a nosa sorte, o **Concello de Camariñas**, tamén aceptou rápidamente a proposta e conseguimos **artellar unha residencia artística entre o Museo Man de Camelle e a Casa no Alto. **

Nesta primeira edición, a artista en residencia artística foi **Alejandra Balboa**, co seu proxecto ***Cando lle permito ao corpo aquilo que digo***, que acompañada por **Diego M. Buceta e Pavel Amilcar**, tiveron a oportunidade de residir e traballar dúas semanas na vila de Camelle.

Tivemos a sorte de ver o resultado no contexto de ESCORA 2023, un momento no que compartir o traballo coas veciñas que tanto tiveran acompañado o proceso de Alejandra.

Alejandra Balboa | Cuando le permito al cuerpo aquello que digo | 2023

Museo Man de Camelle | La Casa en lo Alto, Residencia artística en Camariñas, Camelle

[](https://aculturaeundereito.gal/es/obra-residencia/alejandra-balboa-cando-lle-permito-ao-corpo-aquilo-que-digo-2023/)

Creación colectiva de Fran Sieira junto a la Asociación Adro de Baio

Centro de día y Capilla del Pilar de Corcubión | Nave de Protección Civil del puerto, Concello de Corcubión

[](https://aculturaeundereito.gal/es/obra-residencia/creacion-colectiva-de-fran-sieira-junto-a-la-asociacion-adro-de-baio/)
