{"id":7903,"date":"2026-04-12T20:54:00","date_gmt":"2026-04-12T18:54:00","guid":{"rendered":"https:\/\/dacoruna.wpcoruna.es\/noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026\/"},"modified":"2026-04-12T20:54:00","modified_gmt":"2026-04-12T18:54:00","slug":"noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026\/","title":{"rendered":"Noxem e Tent\u00e1culo Rock son os grupos ga\u00f1adores do concurso \u2018Quero Cantar\u2019 2026"},"content":{"rendered":"<p>Butacas completas este domingo 12 de abril no Teatro Col\u00f3n da Coru\u00f1a para asistir \u00e1 explosi\u00f3n de talento musical infantil e xuvenil que pide espazo nos escenarios. Os asistentes gozaron dun excelente abano de creativas e orixinais propostas, atr\u00e1s das cales est\u00e1n pequenos grandes artistas que a bo seguro veremos en poucos anos como alg\u00fans futuros rostros da m\u00fasica galega. Foi \u00e1 vez unha oportunidade para ver a capacidade de nenas e nenos de ata 12 anos, na categor\u00eda infantil, e de mozas e mozos de entre 13 e 16 anos na categor\u00eda xuvenil, para crear m\u00fasica no noso idioma e contribu\u00edr \u00e1 promoci\u00f3n e difusi\u00f3n da lingua galega.<\/p>\n<p>Con gran profesionalidade malia as idades temper\u00e1s, os seis grupos finalistas defenderon as s\u00faas propostas enriba das t\u00e1boas, mais s\u00f3 d\u00faas pod\u00edan ocupar o lugar m\u00e1is alto do podio en cadans\u00faa categor\u00eda, e esas foron, segundo o sentir do xurado, as de Noxem e Tent\u00e1culo Rock, ga\u00f1adoras respectivamente nas categor\u00edas infantil e xuvenil desta novena edici\u00f3n do Concurso de m\u00fasica infantil e xuvenil Quero Cantar. Un xurado que, como en cada edici\u00f3n, nesta gala final estivo integrado por nenos e nenas e por mozos e mozas con formaci\u00f3n musical e do mesmo abano de idade que as bandas e solistas seleccionadas para a final.<\/p>\n<p>E a decisi\u00f3n final foi a seguinte:<\/p>\n<p>1\u00ba clasificado &#8211; Proposta ga\u00f1adora na categor\u00eda infantil: Tent\u00e1culo Rock (Ames)<br \/>Canci\u00f3n: Vou a cento vinte<br \/>Foi na altura de 2017 e na escola unitaria A Igrexa de Orto\u00f1o, en Ames, cando se co\u00f1eceron tres dos catro integrantes do grupo: Carlos Nieto (voz, bater\u00eda e piano), Leo Figueiras (guitarra) e Lois Garc\u00eda (baixo). Como \u00abTr\u00edoR\u00bb explotaron as s\u00faas temper\u00e1s inquedanzas art\u00edsticas sorprendendo o p\u00fablico en canta celebraci\u00f3n escolar puideron participar. En 2025 o proxecto transf\u00f3rmase coa entrada na banda de Marti\u00f1o Ramos (voz e bater\u00eda), virando a Tent\u00e1culo Rock. No medio da s\u00faa formaci\u00f3n en diversas disciplinas, atopan tempo para, cada xoves pola tarde, ensaiar e idear novas composici\u00f3ns orixinais.<br \/>2\u00ba clasificado: O Mar dos Sentimentos, coa peza &#8216;Nada pode pararme&#8217;<br \/>3\u00ba clasificado: Libres, coa peza &#8216;Quero brillar coma ti&#8217;<\/p>\n<p>1\u00ba clasificado &#8211; Proposta ga\u00f1adora na categor\u00eda xuvenil: Noxem (Vigo)<br \/>Canci\u00f3n: Esperta<br \/>Daquela co nome de Wildfire, foron xa finalistas na edici\u00f3n anterior. O grupo est\u00e1 formado por catro rapazas de 15 e 16 anos: Ux\u00eda Garc\u00eda \u00e1 voz, Nora Lora \u00e1 guitarra, Ux\u00eda Romero na bater\u00eda e Maya S\u00e1ez no teclado. O grupo formouse no IES Alexandre B\u00f3veda, no que cursan 4\u00ba da ESO. O seu estilo \u00e9 rock, m\u00e1is con trazos propios que tocan paus do metal, pop, punk ou grunge. Con esta canci\u00f3n queren reflectir o sentimento de non atoparse ben con elas mesmas por algo ou algu\u00e9n que non deixa \u00abespertar\u00bb e ser un mesmo completamente. Tam\u00e9n tratan temas como \u00aba vergo\u00f1a propia, o arrepentimento ou a dor de non ser suficientes para algu\u00e9n que non as aprecia\u00bb.<br \/>2\u00ba clasificado: Tha Filez, coa peza &#8216;Rebeli\u00f3n&#8217;<br \/>3\u00ba clasificado: Son da L\u00faa, coa peza &#8216;O meu mozo virtual&#8217;<\/p>\n<p>A responsable da \u00e1rea de Cultura da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, Natividade Gonz\u00e1lez Rodr\u00edguez, pediu un aplauso especial para as familias e para as mestras e mestres de m\u00fasica, por acompa\u00f1ar a paix\u00f3n do alumnado na expresi\u00f3n do seu talento musical. Subli\u00f1ou o compromiso da instituci\u00f3n cun Concurso infantil e xuvenil que acada xa a s\u00faa novena edici\u00f3n e salientou o valor dun certame nacido co obxectivo de promocionar e difundir o uso da lingua galega e a creatividade po\u00e9tica e musical. Prognosticou tam\u00e9n unha magn\u00edfica pr\u00f3xima edici\u00f3n dun concurso que, xa consolidado, celebrar\u00e1 en 2027 o seu d\u00e9cimo aniversario, e convidou o p\u00fablico a acudir \u00e1 Gala da Cultura que se celebrar\u00e1 a pr\u00f3xima semana.<\/p>\n<p>Os premios para os ga\u00f1adores son os seguintes:<\/p>\n<p>1\u00ba clasificado na categor\u00eda infantil:<br \/>\u00b7 Gravaci\u00f3n da maqueta en estudio profesional.<br \/>\u00b7 Gravaci\u00f3n dun videoclip da canci\u00f3n ga\u00f1adora<br \/>\u00b7 Material musical (instrumentos, equipamento&#8230;) e\/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1.500,00\u20ac<\/p>\n<p>1\u00ba clasificado na categor\u00eda xuvenil:<br \/>\u00b7 Gravaci\u00f3n da maqueta en estudio profesional.<br \/>\u00b7 Participaci\u00f3n no programa formativo que se explica no anexo.<br \/>\u00b7 Gravaci\u00f3n dun videoclip, ben da canci\u00f3n presentada ao concurso, ben da creada no programa formativo.<br \/>\u00b7 Material musical (instrumentos, equipamento&#8230;) e\/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1.500,00\u20ac<\/p>\n<p>2\u00ba clasificado en ambas as categor\u00edas:<br \/>\u00b7 Gravaci\u00f3n da maqueta en estudio profesional<br \/>\u00b7 Material musical (instrumentos, equipamento&#8230;) e\/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1.000,00\u20ac<\/p>\n<p>3\u00ba clasificado en ambas as categor\u00edas:<br \/>\u00b7 Gravaci\u00f3n da maqueta en estudio profesional<br \/>\u00b7 Material musical (instrumentos, equipamento&#8230;) e\/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 500,00\u20ac<\/p>\n<p>Programa formativo<\/p>\n<p>O Programa formativo Quero Cantar 2026 fai parte do premio que se outorga \u00e1 proposta vencedora na categor\u00eda xuvenil da mesma edici\u00f3n do concurso e consta dos seguintes apartados:<\/p>\n<p>\u2022 Titorizaci\u00f3n creativa: Titorizaci\u00f3n durante catro semanas, por parte dun ou dunha artista de reco\u00f1ecida traxectoria na m\u00fasica galega, para o desenvolvemento dunha canci\u00f3n.<br \/>\u2022 Residencia: Este per\u00edodo previo de formaci\u00f3n e desenvolvemento da canci\u00f3n culminar\u00e1 con tres d\u00edas de convivencia nun espazo determinado pola Deputaci\u00f3n entre a persoa ou persoas que compo\u00f1an a proposta seleccionada e a persoa encargada da titorizaci\u00f3n. Asistirase a un estudio profesional para a gravaci\u00f3n do tema.<br \/>\u2022 Obradoiro \u00abKit de supervivencia para iniciarse no mundo da m\u00fasica\u00bb: Formaci\u00f3n pr\u00e1ctica de 6 horas de duraci\u00f3n enfocada a aspectos b\u00e1sicos para o inicio dunha carreira no mundo da m\u00fasica como son a creaci\u00f3n da identidade de grupo, maquetaci\u00f3n, distribuci\u00f3n e dereitos e aspectos a ter en conta de cara \u00e1 procura dos primeiros concertos.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre os finalistas na categor\u00eda infantil<\/p>\n<p>\u2022 Tent\u00e1culo Rock (Ames)<br \/>Canci\u00f3n: Vou a cento vinte<br \/>Foi na altura de 2017 e na escola unitaria A Igrexa de Orto\u00f1o, en Ames, cando se co\u00f1eceron tres dos catro integrantes do grupo: Carlos Nieto (voz, bater\u00eda e piano), Leo Figueiras (guitarra) e Lois Garc\u00eda (baixo). Como \u00abTr\u00edoR\u00bb explotaron as s\u00faas temper\u00e1s inquedanzas art\u00edsticas sorprendendo o p\u00fablico en canta celebraci\u00f3n escolar puideron participar. En 2025 o proxecto transf\u00f3rmase coa entrada na banda de Marti\u00f1o Ramos (voz e bater\u00eda), virando a Tent\u00e1culo Rock. No medio da s\u00faa formaci\u00f3n en diversas disciplinas, atopan tempo para, cada xoves pola tarde, ensaiar e idear novas composici\u00f3ns orixinais.<\/p>\n<p>\u2022 O Mar dos Sentimentos (CEIP de Cai\u00f3n)<br \/>Canci\u00f3n: Nada pode pararme<br \/>Co alento do m\u00fasico e docente Jose Carballido, esta escola demostrou ser unha vizosa canteira para o certame e ata case medio cento de nenos e nenas participaron no c\u00e1sting previo do colexio para integrar o grupo, que finalmente conta com once integrantes. A canci\u00f3n comp\u00faxose especialmente para o proxecto de educaci\u00f3n emocional que desenvolve o centro educativo e na s\u00faa mensaxe, \u00abquere animar ao alumnado a reflexionar sobre as emoci\u00f3ns, a confianza nun mesmo e a importancia de non renderse ante as dificultades\u00bb.<\/p>\n<p>\u2022 Libres (CEIP Pluriling\u00fce Irm\u00e1ns Villar, de Ourense)<br \/>Canci\u00f3n: Quero brillar coma ti<br \/>Libres xa conseguira acceder \u00e1 final na edici\u00f3n anterior. \u00c9 un grupo formado por alumnado de 6\u00ba de primaria do CEIP Pluriling\u00fce Irm\u00e1ns Villar, de Ourense, que se xuntan na aula de m\u00fasica do profesor Anxo Fern\u00e1ndez. Nesta ocasi\u00f3n traen a peza \u00abQuero brillar coma ti\u00bb, na que a lingua galega conv\u00e9rtese \u00abnunha persoa \u00e1 que botas de menos, como algu\u00e9n importante que non ves tanto como che gustar\u00eda\u00bb. A trav\u00e9s desta idea, o grupo quere transmitir cari\u00f1o, alegr\u00eda e tam\u00e9n un pequeno toque de esperanza: a de volver atoparse, coidar e facer brillar o noso idioma.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre os finalistas na categor\u00eda xuvenil<\/p>\n<p>\u2022 Noxem (Vigo)<br \/>Canci\u00f3n: Esperta<br \/>Daquela co nome de Wildfire, foron xa finalistas na edici\u00f3n anterior. O grupo est\u00e1 formado por catro rapazas de 15 e 16 anos: Ux\u00eda Garc\u00eda \u00e1 voz, Nora Lora \u00e1 guitarra, Ux\u00eda Romero na bater\u00eda e Maya S\u00e1ez no teclado. O grupo formouse no IES Alexandre B\u00f3veda, no que cursan 4\u00ba da ESO. O seu estilo \u00e9 rock, m\u00e1is con trazos propios que tocan paus do metal, pop, punk ou grunge. Con esta canci\u00f3n queren reflectir o sentimento de non atoparse ben con elas mesmas por algo ou algu\u00e9n que non deixa \u00abespertar\u00bb e ser un mesmo completamente. Tam\u00e9n tratan temas como \u00aba vergo\u00f1a propia, o arrepentimento ou a dor de non ser suficientes para algu\u00e9n que non as aprecia\u00bb.<\/p>\n<p>\u2022 Tha Filez (Santiago de Compostela)<br \/>Canci\u00f3n: Rebeli\u00f3n<br \/>Comezaron tocando versi\u00f3ns de cl\u00e1sicos e agora afondan na composici\u00f3n propia. Cualifican a peza proposta como grunge rock reivindicativo \u00abno que mostramos un anaco da actualidade que nos est\u00e1 tocando vivir\u00bb. \u00abFalamos sobre o odio que moita xente usa constantemente como resposta a todo, sobre a falta de co\u00f1ecemento hist\u00f3rico e xeral, sobre a aprobaci\u00f3n dos medios cara a reximes xenocidas e xen\u00f3fobos que est\u00e1n completamente en contra dos dereitos humanos&#8230; Nela, reclamamos un mundo con igualdade de condici\u00f3ns e dereitos, sexas migrante, muller, home, gai, musulm\u00e1n, cat\u00f3lico ou o que queira que sexas.\u00bb.<\/p>\n<p>\u2022 Son da L\u00faa (Cangas do Morrazo)<br \/>Canci\u00f3n: O meu mozo virtual<br \/>O grupo nace en 2025, no contexto do conservatorio de Cangas do Morrazo, onde un grupo de alumnos de 3\u00ba de Profesional: Paula Costa, Hugo Rial, Laura Alfonso e Mart\u00edn Jaramillo. Como este \u00faltimo xa participara anteriormente no certame, xorde a idea de compo\u00f1er unha peza para esta edici\u00f3n. Ao longo do curso van pulindo o tema, e no segundo trimestre afondan na parte m\u00e1is instrumental, sempre en equipo e en estreita colaboraci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Butacas completas este domingo 12 de abril no Teatro Col\u00f3n da Coru\u00f1a para asistir \u00e1 explosi\u00f3n de talento musical infantil e xuvenil que pide espazo nos escenarios. Os asistentes gozaron dun excelente abano de creativas e orixinais propostas, atr\u00e1s das cales est\u00e1n pequenos grandes artistas que a bo seguro veremos en poucos anos como alg\u00fans&hellip;&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":7904,"comment_status":"","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"neve_meta_sidebar":"","neve_meta_container":"","neve_meta_enable_content_width":"","neve_meta_content_width":0,"neve_meta_title_alignment":"","neve_meta_author_avatar":"","neve_post_elements_order":"","neve_meta_disable_header":"","neve_meta_disable_footer":"","neve_meta_disable_title":"","neve_meta_reading_time":"","footnotes":""},"categories":[71],"tags":[123,124],"class_list":["post-7903","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cultura","tag-cultura","tag-prensa"],"acf":[],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v28.1 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Noxem e Tent\u00e1culo Rock son os grupos ga\u00f1adores do concurso \u2018Quero Cantar\u2019 2026 | Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026\/\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/es\\\/noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/es\\\/noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"admin\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/es\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/f1b050666a9be008179d991c5e51bb10\"},\"headline\":\"Noxem e Tent\u00e1culo Rock son os grupos ga\u00f1adores do concurso \u2018Quero Cantar\u2019 2026\",\"datePublished\":\"2026-04-12T18:54:00+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/es\\\/noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026\\\/\"},\"wordCount\":1726,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/es\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/es\\\/noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/04\\\/Quero_Cantar_2026_-_foto_de_familia-scaled.jpeg\",\"keywords\":[\"cultura\",\"prensa\"],\"articleSection\":[\"Cultura\"],\"inLanguage\":\"es\"},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/es\\\/noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/es\\\/noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026\\\/\",\"name\":\"Noxem e Tent\u00e1culo Rock son os grupos ga\u00f1adores do concurso \u2018Quero Cantar\u2019 2026 | Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/es\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/es\\\/noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/es\\\/noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/04\\\/Quero_Cantar_2026_-_foto_de_familia-scaled.jpeg\",\"datePublished\":\"2026-04-12T18:54:00+00:00\",\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/es\\\/noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/es\\\/noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/04\\\/Quero_Cantar_2026_-_foto_de_familia-scaled.jpeg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/04\\\/Quero_Cantar_2026_-_foto_de_familia-scaled.jpeg\",\"width\":2560,\"height\":1706},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/es\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/es\\\/\",\"name\":\"Cultura da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a\",\"description\":\"Web oficial de Cultura da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a. Subvenci\u00f3ns, programaci\u00f3n, premios, Rede Cultural e a iniciativa &quot;A cultura \u00e9 un dereito&quot;.\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/es\\\/#organization\"},\"alternateName\":\"Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/es\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"es\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/es\\\/#organization\",\"name\":\"Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a\",\"alternateName\":\"Cultura da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a\",\"url\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/es\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/es\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/03\\\/favicon-512.png\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/03\\\/favicon-512.png\",\"width\":543,\"height\":543,\"caption\":\"Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/es\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"}},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\\\/es\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/f1b050666a9be008179d991c5e51bb10\",\"name\":\"admin\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/3868ddb6734bf45790a9aa0ca5a1054c9e7b89f14c0a556736ebeeecb112f05b?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/3868ddb6734bf45790a9aa0ca5a1054c9e7b89f14c0a556736ebeeecb112f05b?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/3868ddb6734bf45790a9aa0ca5a1054c9e7b89f14c0a556736ebeeecb112f05b?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"admin\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/aculturaeundereito.gal\"]}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Noxem e Tent\u00e1culo Rock son os grupos ga\u00f1adores do concurso \u2018Quero Cantar\u2019 2026 | Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026\/","schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026\/"},"author":{"name":"admin","@id":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/#\/schema\/person\/f1b050666a9be008179d991c5e51bb10"},"headline":"Noxem e Tent\u00e1culo Rock son os grupos ga\u00f1adores do concurso \u2018Quero Cantar\u2019 2026","datePublished":"2026-04-12T18:54:00+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026\/"},"wordCount":1726,"publisher":{"@id":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/Quero_Cantar_2026_-_foto_de_familia-scaled.jpeg","keywords":["cultura","prensa"],"articleSection":["Cultura"],"inLanguage":"es"},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026\/","url":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026\/","name":"Noxem e Tent\u00e1culo Rock son os grupos ga\u00f1adores do concurso \u2018Quero Cantar\u2019 2026 | Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a","isPartOf":{"@id":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/Quero_Cantar_2026_-_foto_de_familia-scaled.jpeg","datePublished":"2026-04-12T18:54:00+00:00","inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/noxem-e-tentaculo-rock-son-os-grupos-ganadores-do-concurso-quero-cantar-2026\/#primaryimage","url":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/Quero_Cantar_2026_-_foto_de_familia-scaled.jpeg","contentUrl":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/Quero_Cantar_2026_-_foto_de_familia-scaled.jpeg","width":2560,"height":1706},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/#website","url":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/","name":"Cultura da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a","description":"Web oficial de Cultura da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a. Subvenci\u00f3ns, programaci\u00f3n, premios, Rede Cultural e a iniciativa &quot;A cultura \u00e9 un dereito&quot;.","publisher":{"@id":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/#organization"},"alternateName":"Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a","potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"es"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/#organization","name":"Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a","alternateName":"Cultura da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a","url":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/favicon-512.png","contentUrl":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/favicon-512.png","width":543,"height":543,"caption":"Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a"},"image":{"@id":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/#\/schema\/logo\/image\/"}},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/#\/schema\/person\/f1b050666a9be008179d991c5e51bb10","name":"admin","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/3868ddb6734bf45790a9aa0ca5a1054c9e7b89f14c0a556736ebeeecb112f05b?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/3868ddb6734bf45790a9aa0ca5a1054c9e7b89f14c0a556736ebeeecb112f05b?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/3868ddb6734bf45790a9aa0ca5a1054c9e7b89f14c0a556736ebeeecb112f05b?s=96&d=mm&r=g","caption":"admin"},"sameAs":["https:\/\/aculturaeundereito.gal"]}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7903","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7903"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7903\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/7904"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7903"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7903"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/aculturaeundereito.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7903"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}