---
title: "Residencias Artísticas Mariñán"
description: "Residencias artísticas. As Residencias Artísticas son un programa para apoiar procesos de creación e investigación, ofrecendo espazos de traballo, acompañamento e intercambio no Pazo de Mariñán. Resid..."
url: https://aculturaeundereito.gal/residencias-artisticas/
date: 2026-04-13
modified: 2026-08-05
author: "admin"
image: https://aculturaeundereito.gal/wp-content/uploads/2026/06/Default-post02.jpg
type: page
lang: gl
---

# Residencias Artísticas Mariñán

# Residencias artísticas

As Residencias Artísticas son un programa para apoiar procesos de creación e investigación, ofrecendo espazos de traballo, acompañamento e intercambio no Pazo de Mariñán.

## Residencias Artísticas Mariñán

As **Residencias Artísticas Mariñán** son un programa de apoio á creación impulsado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña que ofrece a artistas tempo, espazo e recursos para avanzar nos seus proxectos culturais a través do traballo en residencia no **Pazo de Mariñán**, en Bergondo.

O programa está pensado como un **espazo de investigación, experimentación e produción artística**, favorecendo procesos creativos en diferentes disciplinas (artes escénicas, música, artes visuais, pensamento, etc.). Ademais do acompañamento técnico e loxístico, promove o diálogo co territorio mediante presentacións públicas, encontros ou actividades abertas á comunidade.

![](https://aculturaeundereito.gal/wp-content/uploads/2026/04/imagen-residencias-artisticas-musica-01.jpg)

## Residencia Artística de Música

Enfocado a bandas ou artistas solistas para promover o desenvolvemento da produción musical galega desde unha ollada contemporánea e consciente.

[Saber máis](https://aculturaeundereito.gal/residencias-artisticas/residencias-artisticas-de-musica/)[Ver edicións anteriores](https://aculturaeundereito.gal/residencias-artisticas/residencias-artisticas-de-musica/residencias-artisticas-musica-edicions-anteriores/)

![](https://aculturaeundereito.gal/wp-content/uploads/2026/04/imagen-residencias-artisticas-literatura-01.jpg)

## Residencia Artística de Literatura e Pensamento

Seleccionaranse 4 proxectos para formar parte da área de literatura e pensamento destas residencias artísticas, onde contarás coas condicións favorables para desenvolver o teu proxecto literario ou de investigación durante 12 días.

[Saber máis](https://aculturaeundereito.gal/residencias-artisticas/residencias-artisticas-de-literatura-y-pensamiento/)[Ver edicións anteriores](https://aculturaeundereito.gal/residencias-artisticas/residencias-artisticas-de-literatura-y-pensamiento/edicions-anteriores-literatura-e-pensamento/)

![](https://aculturaeundereito.gal/wp-content/uploads/2026/04/imagen-residencias-artisticas-contenidos-01.jpg)

## Residencia Artística de Creación de Contidos

As Residencias Artísticas Mariñán presenta a súa nova modalidade de creación de contidos socioculturais en redes sociais, para a que se seleccionarán até 8 proxectos.

[Saber máis](https://aculturaeundereito.gal/residencias-artisticas/residencia-artistica-de-creacion-de-contenidos/)

## Novas relacionadas

[

Ver mais novas

](https://aculturaeundereito.gal/categoria/residencias-artisticas/)

[

Ver mais novas

](https://aculturaeundereito.gal/categoria/residencias-artisticas/)

![](https://aculturaeundereito.gal/wp-content/uploads/2026/03/imagen-mediateca-01.png)

## As Residencias, en imaxes

Un espazo para coñecer os proxectos e artistas que participan nas Residencias Artísticas Mariñán, un programa que impulsa a creación contemporánea en diálogo co patrimonio, a paisaxe e o contexto cultural do Pazo de Mariñán.

[Ver vídeos](https://www.youtube.com/@culturadeputaciondacoruna5637/search?query=residencias%20)
