Saltar al contenido
>

Poetas, fotógrafos, artesás, escritores e debuxantes subirán este venres ao escenario do Colón na Gala de Premios Culturais da Deputación

Poetas, fotógrafos, artesás, escritores e debuxantes subirán este venres ao escenario do Colón na Gala de Premios Culturais da Deputación

Unha ducia de creadores e creadoras e representantes de entidades subirán este venres ao escenario do Teatro Colón na Gala de entrega dos Premios Culturais da Deputación. Serán a poeta Yolanda Castaño, os escritores Lois Pérez e Amador Castro, o grupo Mallou, as artesás Carmen Riveiro e Verónica Moar, a artista gráfica Myriam Gesalaga, os debuxantes e guionistas de banda deseñada Siqi Luis Yang, Uxía Larrosa e Francisco Pérez Villanueva, o fotógrafo Brais Lorenzo, e as representantes da Comisión de Igualdade do Ceip Barouta e da Federación de Redeiras Artesás O Peirao, todos eles premiados e premiadas nos certames que a área provincial de Cultura convocou en 2022.

A Gala de entrega dos Premios Culturais da Deputación será un acto aberto ao público e a entrada será de balde ata completar a capacidade. As portas do Teatro Colón abrirán ás 18:30h para que todas as persoas que o desexen poidan tamén pasar polo fotocol que se instalará no vestíbulo e que, ao igual que o pasado ano, volverá ter a luz como elemento simbólico e físico. Deste xeito, un ano máis, a luz volverá acadar protagonismo nunha escenografía creada por Sísmica Creativa, co obxecto de manter o simbolismo da luz que a Cultura achega á sociedade a través das diferentes manifestacións artísticas.

O evento, que estará conducido pola xornalista Marga Pazos, contará coa participación institucional do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e do deputado de Cultura, Xurxo Couto. Ademais incluirá a música de Antía Muíño e unha actuación da contadora Carmen Conde.

Todas as persoas premiadas recibirán a escultura creada ad hoc pola artista Soledad Penalta para a Deputación da Coruña: un ‘C’ realizado en aceiro que representa o ‘C’ de Cultura e o ‘C’ de Coruña, e que é suxeitado na base por siluetas que representan as persoas que sosteñen e que elevan a Cultura.

Compartir

Novas destacadas

El estudio de diseño de Milladoiro Centilitrosmetrocadrado, ganador de la segunda edición del premio «Luis Seoane» de diseño de la Diputación

La Diputación apoya una nueva edición de CoruñArt para impulsar las industrias culturales y creativas

La Diputación celebra el III Culturgal Expandido, convirtiendo Muros «en el epicentro cultural de la comarca»