Saltar al contenido
>

Natividade González reafirma en Compostela o compromiso da Deputación co talento e coa diversidade artística

Natividade González reafirma en Compostela o compromiso da Deputación co talento e coa diversidade artística

A deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, participou hoxe no Teatro Principal de Santiago na presentación da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura para o primeiro semestre de 2026. No acto estiveron tamén a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil; o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López; e integrantes das compañías e dos espectáculos que fan parte da programación: Xesús Ron e Patricia de Lorenzo, Fran Sieira, Andrea Quintana e Alixa Ladson.

Durante a súa intervención, Natividade González salientou a «colaboración sólida e frutífera co Concello de Santiago» a través do convenio co Auditorio de Galicia, ao que este ano se sumaron máis recursos económicos, «reforzando así a relación entre institucións e facendo posíbel que o público santiagués teña acceso a propostas culturais de primeiro nivel».

A deputada destacou tamén o papel de Santiago como «cidade culturalmente activa» e «capital cultural do noso país». «Aquí, a cultura non só se programa: respírase, habítase e acompaña a vida diaria en cada rúa, en cada espazo e en cada momento», abundou González.

A responsábel de Cultura concluíu reafirmando o compromiso da Deputación «co talento, coa diversidade artística e coa cidadanía, que é quen finalmente lle dá sentido a todo este esforzo colectivo. Seguiremos traballando para que a cultura continúe a ser un espazo de encontro, de liberdade e de creación compartida, capaz de facer de Santiago, e de Galiza, un lugar aínda máis aberto, máis dinámico e máis vivo».

Compartir

Novas destacadas

A Deputación reafirma o seu compromiso con Númax

A Deputación da Coruña e a de Lugo colaboran co Consello da Cultura Galega para impulsar iniciativas culturais no rural

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’