Saltar al contenido
>

Natividade González participou en Rianxo na presentación da VIII Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo

Natividade González participou en Rianxo na presentación da VIII Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo

A deputada de Cultura, Natividade González, participou hoxe en Rianxo na conferencia de prensa en que se presentou a VIII Mostra Internacional de Cinema Documental Mares do Fin do Mundo (MDFM), que se celebrará na localidade do 10 ao 14 de decembro.

Durante a súa intervención, González salientou que para a Deputación, unha das institucións patrocinadoras, «é unha satisfacción estar hoxe en Rianxo para presentar a VIII Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, unha cita cultural de referencia que cada edición medra en calidade, proxección e recoñecemento tanto dentro como fóra da provincia». Destacou que, ao longo deses cinco días, Rianxo se converterá «nun faro cultural no que o cinema documental será o protagonista».

A deputada lembrou que a Mostra achegará ao Auditorio Municipal e a diferentes espazos da vila «un conxunto de obras que nos axudan a entender o mundo desde múltiples perspectivas: sociais, ambientais, políticas, humanas e creativas». Subliñou que esa é «a esencia de Mares da Fin do Mundo, un festival que abre as fiestras e que nos invita a mirar máis alá».

González puxo en valor o compromiso cultural da localidade e afirmou que este evento «é un exemplo da forza da cultura que nace desde o territorio». Indicou que Rianxo leva anos demostrando «compromiso, visión e profesionalidade na súa programación cultural», e que a chegada desta mostra forma parte dese labor continuado. Engadiu que a mostra converte nestes días a vila «no epicentro dun festival no que o cinema non só se exhibe, senón que se pensa, se debate e se comparte cos públicos máis diversos».

A deputada agradeceu o traballo do equipo organizador, do persoal técnico, das entidades colaboradoras e de todas as persoas que fan posible o evento, que «non só enriquece culturalmente, senón que proxecta Rianxo ao exterior, fortalecendo o noso tecido creativo e achegando á cidadanía un cinema documental comprometido, necesario e transformador».

Compartir

Novas destacadas

La Diputación de A Coruña conmemora el 90 aniversario del Estatuto de Galicia de 1936 con una serie de vídeos

La Diputación premia 20 iniciativas en la 2ª edición de los Premios a Proyectos Culturales Singulares para la Mejora Social

La Diputación reafirma su compromiso con Númax