Saltar al contenido
>

A deputada de cultura, Natividad de Jesús González, visita a Casa de Rosalía

A deputada de cultura, Natividad de Jesús González, visita a Casa de Rosalía

A deputada de cultura, Natividad de Jesús González, visitou esta mañá a Casa de Rosalía, acompañada do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, que lle mostrou algúns dos seus últimos proxectos que están levando a cabo.

Colaboración coa Casa de Rosalía
Este encontro desenvolveuse no marco da colaboración entre ambas entidades. Actualmente, a Deputación está tramitando a habilitación dunha partida de 60.000€ para o financiamento das obras de mellora do xardín da Casa de Rosalía. Unha actuación que se suma a moitas outras, como a reforma do interior do auditorio da Casa de Rosalía, financiada pola Deputación con 60.000€.

«A Casa de Rosalía é patrimonio e historia de Galicia e unha das xoias máis destacadas que temos na provincia e no país» apunta a deputada de cultura, «por iso non podemos máis que apoialo dende un punto de vista patrimonial pero tamén cultural e social» engade.

A deputada aproveitou esta visita, ademais, para coñecer algúns dos proxectos que teñen en marcha dende a Fundación. En concreto, dúas exposicións: Mostra dos 50 anos da Casa de Rosalía e a mostra do ‘Herbario de Rosalía’. Ademais, firmou o Libro de Honra da Fundación Rosalía.

Compartir

Novas destacadas

El estudio de diseño de Milladoiro Centilitrosmetrocadrado, ganador de la segunda edición del premio «Luis Seoane» de diseño de la Diputación

La Diputación apoya una nueva edición de CoruñArt para impulsar las industrias culturales y creativas

La Diputación celebra el III Culturgal Expandido, convirtiendo Muros «en el epicentro cultural de la comarca»