---
title: "A Deputación subvenciona con 509.000 euros os investimentos culturais das entidades sen fins de lucro en 2025"
description: "O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a concesión definitiva do programa FO204, de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de investimentos culturais durante o ano 2025. A a..."
url: https://aculturaeundereito.gal/es/a-deputacion-subvenciona-con-509-000-euros-os-investimentos-culturais-das-entidades-sen-fins-de-lucro-en-2025/
date: 2025-07-31
modified: 2025-07-31
author: "admin"
image: https://aculturaeundereito.gal/wp-content/uploads/2025/07/natividad_.jpg
categories: ["Cultura"]
tags: ["cultura", "prensa"]
type: post
lang: es
---

# A Deputación subvenciona con 509.000 euros os investimentos culturais das entidades sen fins de lucro en 2025

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a concesión definitiva do programa FO204, de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de investimentos culturais durante o ano 2025. A administración provincial inviste 508.935 euros, repartidos entre cen beneficiarios, que recibirán axudas de entre 3.000 e 13.000 euros.

As subvencións distribúense así:

61 entidades que desenvolven a súa actividade ordinaria na provincia da Coruña: 317 449 €.

5 entidades que desenvolven a súa actividade ordinaria tanto dentro como fóra da provincia da Coruña: 21 441 €.

8 entidades veciñais e de tempo libre: 33 290 €.

9 entidades socioeducativas: 36 472 €.

4 entidades representativas dos diferentes sectores profesionais e amadores da cultura galega: 16 444 €.

13 fundacións e entidades titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas: 83 836 €.

«Na área de Cultura da Deputación», sinalou a titular do departamento, Natividade González, cremos firmemente que investir en cultura é investir no benestar da nosa sociedade. É investir en coñecemento, en creatividade, en cohesión social e en oportunidades. Por iso, seguiremos traballando para facilitar os recursos necesarios que permitan ás nosas entidades culturais seguir medrando e desenvolvendo todo o seu potencial».

A relación de beneficiarios pode consultarse no BOP do 31 de xullo.
