---
title: "A Deputación leva a Culturgal os seus proxectos culturais"
description: "Os proxectos culturais da Deputación da Coruña chegan ao escaparate de Culturgal, que se celebra este fin de semana en Pontevedra. A entidade provincial conta cun stand propio na Feira das Industrias..."
url: https://aculturaeundereito.gal/es/a-deputacion-leva-a-culturgal-os-seus-proxectos-culturais/
date: 2023-12-01
modified: 2023-12-01
author: "admin"
image: https://aculturaeundereito.gal/wp-content/uploads/2023/12/1701430782854.jpg
categories: ["Cultura"]
tags: ["cultura", "prensa"]
type: post
lang: es
---

# A Deputación leva a Culturgal os seus proxectos culturais

Os proxectos culturais da Deputación da Coruña chegan ao escaparate de Culturgal, que se celebra este fin de semana en Pontevedra. A entidade provincial conta cun stand propio na Feira das Industrias Culturais dedicado a difundir e socializar o Reino de Galicia tanto a través de materiais gráficos creados adhoc para esta ocasión, como amosando o resultado de varios dos proxectos premiados na convocatoria do ‘Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia 2022-23’.

A área de cultura da Deputación tamén exhibirá os seus certames literarios, o concurso «Quero Cantar» e o libro «A cultura é un dereito». Así, o venres 1, ás 16h no Espazo Libro, a deputada presentará os certames literarios; o sábado ás 12:30 na aula 6 haberá unha presentación do libro «A Cultura é un dereito. Unha visión social da Cultura» e, ás 16h, no Espazo Infantil, terá lugar un concerto a carto das bandas e artistas que participan no certame ‘Quero Cantar’.

A deputada de cultura, Natividad González, destacou na inauguración da Feira, «o maior escaparate da produción cultural galega», a diversidade cultural do país «cunha gran riqueza, que traspasa moitas veces a nosas fronteiras», sinalaba.»Temos unha industria cultural que necesita de todos nos para poñela en valor, sobre todo desde as administracións, que temos que facer unha importante aposta para que a cultura estea moi presente na axenda política, ocupando un lugar prioritario, para que por fin sexa un dereito do cidadán».

A deputación aposta así por esta Feira, promocionando algúns dos seus proxectos culturais máis relevantes, cun stand e con actividades propias na programación xeral de Culturgal. «Desde a Deputación non queremos desaproveitar este escenario, por iso estamos presentes mostrando algúns dos nosos proxectos culturais, achegándoos ao público, que en definitiva é o verdadeiro protagonista».
