Saltar al contenido
>

A Deputación da Coruña recibe a Noite Bohemia polo Premio Nacional de Teatro Clásico Grecolatino

A Deputación da Coruña recibe a Noite Bohemia polo Premio Nacional de Teatro Clásico Grecolatino

A deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, recibiu este xoves no Salón de plenos a Compañía de Teatro Noite Bohemia coruñesa, recentemente galardoada co Premio Nacional de Teatro Clásico Grecolatino 2025, que outorga o Ministerio de Cultura. O recoñecemento foille concedido polo posta en escena, no Teatro Romano de Segóbriga, de «Bacantes», de Eurípides.

Durante o encontro, a deputada de Cultura trasladoulle á compañía «o orgullo e o agradecemento» da Deputación polo seu labor continuado «na promoción das artes escénicas e na difusión do patrimonio cultural grecolatino, especialmente entre o público máis novo». «Este premio, o máis prestixioso do Estado no ámbito do teatro clásico, consolida a compañía como un referente da escena dramática nacional», engadiu.

Para González, o galardón «é tamén un recoñecemento ao talento e á creatividade que existe na nosa provincia, e ao compromiso da Deputación coa cultura e coa mocidade». «Noite Bohemia», destacou a deputada, «é exemplo do teatro feito con paixón, rigor e entrega».

A compañía expresou o seu agradecemento polo apoio institucional que vén recibindo nos últimos anos por parte do departamento de Cultura provincial, «clave» para poder desenvolver os seus proxectos.

Compartir

Novas destacadas

La Diputación de A Coruña conmemora el 90 aniversario del Estatuto de Galicia de 1936 con una serie de vídeos

La Diputación premia 20 iniciativas en la 2ª edición de los Premios a Proyectos Culturales Singulares para la Mejora Social

La Diputación reafirma su compromiso con Númax