---
title: "A Deputación da Coruña mantén o seu apoio ao Festival Meninas de Canido"
description: "A Deputación da Coruña mantén o seu apoio ao Festival Meninas de Canido, unha cita xa consolidada no calendario cultural galego que transforma cada ano Ferrol nun gran espazo aberto á arte, á creativi..."
url: https://aculturaeundereito.gal/a-deputacion-da-coruna-manten-o-seu-apoio-ao-festival-meninas-de-canido/
date: 2026-02-13
modified: 2026-02-13
author: "admin"
image: https://aculturaeundereito.gal/wp-content/uploads/2026/02/meninas_.jpg
categories: ["Cultura"]
tags: ["cultura", "prensa"]
type: post
lang: gl
---

# A Deputación da Coruña mantén o seu apoio ao Festival Meninas de Canido

A Deputación da Coruña mantén o seu apoio ao Festival Meninas de Canido, unha cita xa consolidada no calendario cultural galego que transforma cada ano Ferrol nun gran espazo aberto á arte, á creatividade e á participación cidadá.

A colaboración co Mercado Creativo —que reúne ilustradores/as, ceramistas, deseñadores/as e creadoras/es de toda Galicia— é unha mostra máis dun respaldo sostido a un proxecto que combina cultura, dinamización económica e identidade urbana. Un festival que non só enche as rúas de Ferrol de arte, senón que tamén xera oportunidades para o talento local e atrae milleiros de visitantes.

Desde a Deputación seguimos apostando polos proxectos culturais que deixan pegada, que fortalecen o tecido creativo e que contribúen ao desenvolvemento da nosa provincia.
