Saltar al contenido
>

A Deputación da Coruña achega 1,5 millóns de euros para financiar as actividades da Orquestra Sinfónica de Galicia no ano 2022

A Deputación da Coruña achega 1,5 millóns de euros para financiar as actividades da Orquestra Sinfónica de Galicia no ano 2022

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asinaron hoxe o convenio co Consorcio para a Promoción da Música da Coruña, co obxectivo de financiar o programa de actividades da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) durante o ano 2022. No acto participou tamén o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

O convenio supón unha importante achega económica de 1,5 millóns de euros por parte da Deputación que permitirá que as distintas agrupacións da Orquestra Sinfónica de Galicia sigan levando a súa música aos concellos da provincia a través dos diferentes concertos programados, a realización de actividades para apoiar o sector musical, agrupacións e músicos locais, o financiamento da Orquestra Nova, da Orquestra de Nenos e Coros da OSG na provincia.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou que se trata dun «convenio importante para a cidade e a provincia da Coruña» e subliñou o labor da OSG, «un referente en Galicia no seu ámbito, que grazas a esta axuda levará a súa música a numerosos concellos coruñeses e permitirá achegar as grandes obras da música clásica a públicos de todas as idades en toda a provincia».

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apuntou que «a Orquestra Sinfónica é un referente para a música e a cultura non só na Coruña, senón en toda Galicia», e agradeceulle, un ano máis o compromiso da Deputación cun proxecto único a nivel nacional. Rey pediu, un ano máis, unha maior implicación económica da Xunta de Galicia no financiamento dunha formación que ten proxección internacional.

A alcaldesa agradeceu a contribución da Deputación para que o proxecto da Sinfónica medre e chegue á cidadanía da Coruña, mais tamén ao resto de Galicia. «A OSG non é só un referente na cultura, senón tamén na educación musical, que permitiu que centos de novos músicos e músicas tiveran unha formación e mesmo unha saída profesional que, doutro xeito, terían que buscar fóra de Galicia».

O programa inclúe a realización de concertos da OSG previstos durante 2022, os 27 de abono na cidade da Coruña, ademais doutros en Ferrol, Santiago, e noutras localidades da provincia que aínda están por determinar. Ademais, o acordo servirá para financiar colaboracións como a do Festival Resis 2022.

O acordo inclúe tamén o financiamento das actuacións da Orquestra Nova e a Orquestra de Nenos na Coruña e Vimianzo.

Compartir

Novas destacadas

El estudio de diseño de Milladoiro Centilitrosmetrocadrado, ganador de la segunda edición del premio «Luis Seoane» de diseño de la Diputación

La Diputación apoya una nueva edición de CoruñArt para impulsar las industrias culturales y creativas

La Diputación celebra el III Culturgal Expandido, convirtiendo Muros «en el epicentro cultural de la comarca»