Saltar al contenido
>

A Deputación convoca o VI Concurso “Quero Cantar” de música infantil e xuvenil

A Deputación convoca o VI Concurso “Quero Cantar” de música infantil e xuvenil

Co obxecto de promover e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical, a Deputación da Coruña convoca o VI Concurso «Quero Cantar» de música infantil e xuvenil. O prazo de presentación de solicitudes de participación rematará o 15 de marzo de 2023.

Pode participar calquera grupo ou solista que presente a maqueta dunha canción en galego, con letra e música orixinais e inéditas, que non fosen publicamente difundidas antes por ningún tipo de soporte nin canle.

En función das idades establécense as seguintes categorías:

Categoría A (Infantil), ata 12 anos
• Número máximo de compoñentes: 12
• Para esta categoría permítese que, incluída no límite de 12 compoñentes, participe unha persoa que supere o límite de idade, que non poderá ser a voz solista, e sempre que o grupo sexa de máis de 2 membros.

Categoría B (Xuvenil), de 13 a 16 anos
• Número máximo de compoñentes: 12
• Para a categoría B, igualmente dentro do límite de 12 participantes, permítese un número indeterminado de excepcións ao límite de idade inferior, sempre que este número non chegue á metade de membros totais do grupo.

A autoría da letra e a música da canción, na dúas categorías, debe ser da persoa solista ou dos membros do grupo que a presenten.

Establécense os seguintes premios:
1º clasificado na categoría infantil:
• Gravación da maqueta en estudio profesional
• Gravación dun videoclip da canción gañadora
• Material musical (instrumentos, equipamento…) ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1500 €

1º clasificado na categoría xuvenil:
• Gravación da maqueta en estudio profesional
Participación no programa formativo Quero Cantar 2022-2023, que inclúe unha titoría por parte dun ou dunha artista de recoñecida traxectoria na música galega para o desenvolvemento dunha canción, unha residencia do Pazo de Mariñán e un obradoiro de sonorización.
• Gravación dun videoclip da canción realizada no programa formativo.
• Material musical ou produtos culturais en galego por valor de 1500 €

2º clasificado en ambas as categorías:
• Gravación da maqueta en estudio profesional.
• Material musical ou produtos culturais en galego por valor de 1000 €

3º clasificado en ambas as categorías:
• Gravación da maqueta en estudio profesional.
• Material musical ou produtos culturais en galego por valor de 500 €

Noelia Perpetuo, pola canción «Bolboreta», e Bonhomía, pola canción «Veneradas obrigas» foron as cancións gañadoras da pasada edición dun certame que tamén premiou a A Música das Baleas (con «A peor xogada»), Isma Kalo («A quen lle importa»), Cortegadaos («Eu quero ser unha árbore») e Cortegadaos («Eu quero ser unha árbore»), entre outros.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación. As bases están publicadas no BOP do 14 de decembro e pódense consultar e descargar na web www.querocantar.gal

Compartir

Novas destacadas

El estudio de diseño de Milladoiro Centilitrosmetrocadrado, ganador de la segunda edición del premio «Luis Seoane» de diseño de la Diputación

La Diputación apoya una nueva edición de CoruñArt para impulsar las industrias culturales y creativas

La Diputación celebra el III Culturgal Expandido, convirtiendo Muros «en el epicentro cultural de la comarca»