---
title: "A Deputación concede preto de 400 000 euros en subvencións para persoal en museos"
description: "A Deputación da Coruña acaba de aprobar provisionalmente a concesión de subvencións do programa FO216, dirixido a concellos e entidades locais para financiar os gastos de persoal técnico encargado da..."
url: https://aculturaeundereito.gal/es/a-deputacion-concede-preto-de-400-000-euros-en-subvencions-para-persoal-en-museos/
date: 2026-02-13
modified: 2026-02-13
author: "admin"
image: https://aculturaeundereito.gal/wp-content/uploads/2026/02/CI_120445.png
categories: ["Cultura"]
tags: ["cultura", "prensa"]
type: post
lang: es
---

# A Deputación concede preto de 400 000 euros en subvencións para persoal en museos

A Deputación da Coruña acaba de aprobar provisionalmente a concesión de subvencións do programa FO216, dirixido a concellos e entidades locais para financiar os gastos de persoal técnico encargado da atención de museos e centros museísticos ao longo de 2026. Un total de 20 concellos resultan beneficiarios destas axudas, que suman 399.088 euros e teñen como finalidade reforzar a atención ao público, a dinamización cultural e a correcta xestión dos equipamentos museísticos municipais.

Os concellos beneficiados son A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Betanzos, Boiro, Camariñas, Carballo, Carnota, Cerceda, Laxe, Lousame, Moeche, Muros, Oleiros, Outes, Ponteceso, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Valdoviño, Vimianzo. Poderán destinar este apoio ao mantemento e contratación de persoal técnico para os seus centros museísticos, museos locais, centros de interpretación ou ecomuseos.

Con estas axudas, a Deputación da Coruña continúa a súa aposta por consolidar e promover a oferta cultural da provincia, apoiando directamente os gobernos locais na xestión dos recursos humanos necesarios para a atención dos seus espazos museísticos ao servizo da cidadanía e da dinamización cultural.

Para consultar a listaxe completa de concellos beneficiados e os importes asignados a cada un, pódese consultar a [resolución íntegra](https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/09/2026_0000000716.html) no *Boletín Oficial da Provincia*.
