---
title: "A Deputación apoia con 463 394 euros a actividade cultural de 120 entidades da provincia"
description: "A Deputación da Coruña publicou no BOP a resolución provisional da convocatoria de subvencións do programa FO213/2026, destinado a corais polifónicas, bandas de música populares e entidades de música..."
url: https://aculturaeundereito.gal/a-deputacion-apoia-con-463-394-euros-a-actividade-cultural-de-120-entidades-da-provincia/
date: 2026-04-20
modified: 2026-04-20
author: "admin"
image: https://aculturaeundereito.gal/wp-content/uploads/2026/04/Visita_Escola_Musica_Rianxo_2.jpg
categories: ["Cultura"]
tags: ["cultura", "prensa"]
type: post
lang: gl
---

# A Deputación apoia con 463 394 euros a actividade cultural de 120 entidades da provincia

A Deputación da Coruña publicou no BOP a resolución provisional da convocatoria de subvencións do programa FO213/2026, destinado a corais polifónicas, bandas de música populares e entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de gran formato. A entidade apoia con 463 394 euros a actividade cultural no ano 2026 dun total de 120 entidades da provincia.

Nesta resolución, o importe máximo concedido ascende a 13 500 euros, mentres que a contía mínima é de 1500 euros.

A deputada de Cultura, Natividade González, manifestou que o obxecto destas axudas é «fomentar a promoción de actividades e investimentos nos campos da música tradicional e popular, adaptándonos ás necesidades destas entidades e colectivos culturais, que son pezas chave na dinamización sociocultural dos nosos concellos e que fan un moi importante labor de formación musical de base, transmisión de valores culturais e cohesión social».

González concluíu que é fundamental contribuír a entidades que «apoien claramente a diversidade cultural e garantan o dereito á produción e ao acceso cultural no noso idioma».

Listaxe de entidades beneficiarias

No [BOP núm. 70](https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/16/2026_0000002344.pdf) detállanse as 120 entidades que figuran na proposta de concesión provisional.
