Saltar al contenido
>

Antía Yáñez gaña o premio Raíña Lupa 2025 da Deputación na modalidade infantil coa obra “Bragakadabra”

Antía Yáñez gaña o premio Raíña Lupa 2025 da Deputación na modalidade infantil coa obra “Bragakadabra”

A escritora Antía Yáñez (Burela, 1991) é, con «Bragakadabra», a gañadora, na modalidade infantil, do XIX premio Raíña Lupa de LIX, convocado pola Deputación da Coruña e ao que este ano concorreron 49 orixinais. O xurado declarou deserto o galardón na categoría xuvenil. O certame está dotado con 6.500 euros e a publicación da obra premiada.

A deputada de Cultura, Natividade González, presidiu o xurado integrado por Berta Dávila, Miguel Alonso Diz (representante da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Abel Tomé e as gañadoras do certame na anterior edición, Rosa Aneiros e Érica Esmorís. Como secretaria actuou Manuela Muñiz, xefa do Servizo de Acción Social, Cultura e Deportes da Deputación da Coruña.

De «Bragakadabra», o comité avaliador valorou, por unanimidade, «o humor, imaxinación, fantasía e tenrura con que a autora traballa a historia, unha narración fresca e chea de personalidade». O xurado puxo tamén en valor «a reflexión que propón o libro sobre a capacidade de superación e empoderamento».

Yáñez entra no palmarés dun premio no que figuran, ademais de Érica Esmorís e Rosa Aneiros, Rafael Fernández Lorenzo, Lois Pérez, Andrea Maceiras, Xosé Antonio Neira Cruz, Valentín Alvite, An Alfaya, Marilar Aleixandre, Carlos Calveiro, Xesús Fraga e Agustín Fernández Paz, entre outros.

A deputada, Natividade González, salienta «a calidade de todas as propostas presentadas», e tamén «do catálogo de obras premiadas no Raíña Lupa, que inclúe autores que despuntan a nivel estatal». «É un orgullo para nós», engadiu, «premiar o talento galego, consolidando un certame como este que xa é de referencia na literatura infantil e xuvenil».

Compartir

Novas destacadas

A Deputación reafirma o seu compromiso con Númax

A Deputación da Coruña e a de Lugo colaboran co Consello da Cultura Galega para impulsar iniciativas culturais no rural

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’