Saltar al contenido
>

A Deputación da Coruña celebrará o Día Mundial do Teatro levando ao Colón a peza ‘Nortear’

A Deputación da Coruña celebrará o Día Mundial do Teatro levando ao Colón a peza ‘Nortear’

A Deputación da Coruña conmemora o Día Mundial do Teatro coa programación da peza Nortear, unha produción de Columna Balteira con dirección e texto de Helena Salgueiro, que se representará o vindeiro 26 de marzo, ás 20:00 horas, no Teatro Colón. Os billetes para asistir á representación xa están á venda, con prezos que oscilan entre os catro e os oito euros.

A proposta escénica sitúa o público nun espazo no que o espectral se mestura coa realidade, o político co mítico e o onírico co mistérico. A obra presenta un grupo de mulleres que habita un espazo baleiro do Norte, un non-lugar no que os seus corpos transitan e traballan de maneira continua na procura dun punto no que ancorarse. Desde esa premisa, a peza afonda no ecofeminismo e na memoria dos saberes tradicionais fronte ao colapso climático.

A función, cunha duración de 80 minutos, contará ademais cunha proposta de mediación cultural asociada á estrea. Ao remate da representación celebrarase un coloquio posfunción baixo o título «Nortear [decolonizar, imaxinar]», no que participarán Xavier de Pablo, do Instituto Clara Corbelhe, o equipo artístico e unha das informantes do traballo de campo.

O espectáculo será accesíbel, ao contar con sistema de subtitulado e audiodescrición, co obxectivo de facilitar o acceso a todos os públicos.

– Acceso á billeteira do Teatro Colón

Compartir

Novas destacadas

A Deputación presenta a segunda edición das Xornadas das Bibliotecas Municipais da provincia, centrada na intelixencia artificial e nos novos retos do sector

A Deputación presenta o documental “Cantiga de amiga” sobre a homosexualidade feminina na Idade Media 

El próximo sábado 24, gala final del Premio Narf con el regreso de Os Quinindiolas en el 10º aniversario de Narf