Escora danza > Residencias artísticas
Residencias artísticas
Es un programa que ofrece a un artista el espacio, el tiempo, los recursos y el acompañamiento para trabajar individual o colectivamente en su práctica artística, en su oficio.
¿Por qué realizar Residencias Artísticas en la Costa da Morte?
Porque la riqueza cultural, artística, paisajística y natural de la Costa da Morte, la peculiaridad de sus espacios, entornos y gentes, generan un contexto óptimo en el que concentrarse en la creación artística y en el que permitirse interactuar con los vecinos, con el territorio, con la historia y con la tranquilidad.
Porque las artes vivas y en concreto la danza contemporánea no son una disciplina tan reconocible en la Costa da Morte, a través de las residencias deseamos contribuir a la normalización y la presencia de las escénicas en el territorio.

Residencias de 2026
Tras la visita a Vimianzo en 2025 y con la colaboración del ayuntamiento, reactivamos una residencia artística en el Auditorio de la Casa da Cultura como espacio de creación. En esta quinta edición, patrocinamos a Eva Comesaña y Marcos Alonso, quienes pasarán dos semanas, del 2 al 14 de junio, con su proyecto “Hiranya”.
Siguiendo la línea de ediciones anteriores y con un firme compromiso con la mediación cultural, este quinto aniversario también incluye dos procesos de creación específicos y únicos con la comunidad: uno en Malpica de Bergantiños, con la Asociación Cultural Raigañas y la dirección artística de Rut Balvís; y otro en Mazaricos, con “TRAKTOR”, con los estudiantes de danza y barrio del municipio, dirigidos por Anuska Fernándes y Yas Deluaces. Ambos proyectos se desarrollarán durante varios meses en este año 2026.
De esta forma, el programa Escora 2026 incluye dos procesos de creación comunitaria y una residencia artística, con sus correspondientes muestras de trabajos en proceso y mediación con asociaciones y centros educativos de la zona.
Residencias de 2025
Tras o paso en 2024 por Corcubión, e grazas ao diálogo co concello, voltamos a activar unha residencia artística no mesmo, desta vez xogando entre os espazos do Centro de Día, a Capela do Pilar e a Nave de Protección Civil. Nesta edición 2025 contamos con Fran Rodríguez e Brais Pombo co seu proxecto Do outro lado.
Como incorporación para Escora, por primeira vez o programa conta co Concello de Vimianzo, que ofrece a posibilidade ao programa de incorporar o seu Auditorio do Concello como espazo de residencias. Así Noel Quintela pasa dúas semanas co seu proxecto “León”, que acaba mudando o título a Cairo.
Deste xeito, o programa de Escora 2025 inclúe dúas residencias artísticas, coas súas correspondentes mostras dos traballos en proceso e mediación coas asociacións de teatro e tradicional da contorna.
Residencias de 2024
Trala boa acollida da residencia artística en Camelle no 2023, decidimos volver a apostar polo mesmo formato en colaboración con A Casa no Alto, Mar de Fábula e o Concello de Camariñas. Esta vez, estivemos en diálogo co Colectivo VACAburra para que foran elas que puideran vivir a experiencia en Camelle, co seu novo espectáculo Ruar.
Durante o proceso de mapeado de ESCORA 2024, atopamos en Corcubión unha vontade especial para que a experiencia de ESCORA fose máis alá da data do evento con algunha acción que puidera trascender e deixar unha pegada máis concreta no territorio. Deste xeito coñecimos non só os espazos municipais cos que conta o concello, senón tamén o intenso tecido sociocultural do lugar. Finalmente, en diálogo co Concello de Corcubión, tomamos a decisión de activar unha segunda residencia artística co artista Félix Fernández en Corcubión, entre o Centro de día e a Nave de Protección Civil do Porto co seu proxecto Xavier a través de min.
Deste xeito, o programa de ESCORA 2024 inclúe dúas residencias artísticas, coas súas correspondentes mostras dos traballos en proceso. É un orgullo para nós continuar afianzando as relacións territorio-artista e artista-territorio, facendo por unha banda que a danza contemporánea teña cada vez máis pegada na Costa da Morte, a un tempo que podemos acoller novos proxectos de danza e artes do movemento de artistas galegas.
Residencias de 2023
No 2023 activamos por primeira unha residencia artística no contexto de ESCORA. Isto aconteceu porque coñecimos o proxecto A Casa no Alto, dirixido polo artista visual e xestor cultural Pablo López, que no ano anterior tiña realizado diversas residencias artísticas na vila de Camelle.
Para nós tanto o contexto como as historias que nos contaba Pablo e a complicidade que pronto tivemos con el, foron indicadores claros de que tiñamos que activar unha residencia artística en Camelle. Para a nosa sorte, o Concello de Camariñas, tamén aceptou rápidamente a proposta e conseguimos artellar unha residencia artística entre o Museo Man de Camelle e a Casa no Alto.
Nesta primeira edición, a artista en residencia artística foi Alejandra Balboa, co seu proxecto Cando lle permito ao corpo aquilo que digo, que acompañada por Diego M. Buceta e Pavel Amilcar, tiveron a oportunidade de residir e traballar dúas semanas na vila de Camelle.
Tivemos a sorte de ver o resultado no contexto de ESCORA 2023, un momento no que compartir o traballo coas veciñas que tanto tiveran acompañado o proceso de Alejandra.