Saltar al contenido
>

A segunda edición do Ciclo Mestre Mateo regresa a cinco concellos da provincia da Coruña

A segunda edición do Ciclo Mestre Mateo regresa a cinco concellos da provincia da Coruña

O Ciclo Mestre Mateo regresa á provincia da Coruña e levará as proxeccións das longametraxes de ficción, animación e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos de Ames, Arteixo, Boiro, Cedeira e Melide.

Deste xeito, a colaboración entre a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación da Coruña achegará o mellor do audiovisual galego recente ao público destas cinco localidades, das cales Ames, Arteixo e Boiro xa acolleron con éxito o ciclo na súa primeira edición, e Cedeira e Melide pasan a formar parte da rede de salas.

Os concellos participantes exhibirán entre maio e novembro unha programación que inclúe «María Casares, a muller que viviu mil vidas», «Unicorn Wars» e «O corpo aberto», recoñecidas respectivamente como Mellor documental, Mellor longametraxe de animación e Mellor longametraxe na última edición dos Mestre Mateo, celebrada o pasado 11 de marzo.

O resto de títulos do programa son o documental «A foreign song» (César Souto, 2022) gañadora dos premios á Mellor longametraxe española e Mellor dirección española no pasado Festival Internacional de Cine de Xixón; o thriller «Código Emperador» (Jorge Coira,2022) estreado no XXIV Festival de Málaga, onde tamén tivo a súa estrea a longametraxe «Live is life» (Dani de la Torre, 2022); o documental «No somos nada» (Javier Corcuera, 2022) estreado no Festival de Cine de San Sebastián; o filme de animación «Valentina» (Chelo Loureiro, 2022), gañadora do Goya á mellor longametraxe de animación na XXXVI edición dos premios da Academia Española e o documental «Onde máis doe» (Manane Rodríguez, 2022) estreada no OUFF – Ourense Film Festival.

Compartir

Novas destacadas

A Deputación reafirma o seu compromiso con Númax

A Deputación da Coruña e a de Lugo colaboran co Consello da Cultura Galega para impulsar iniciativas culturais no rural

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’