Saltar al contenido
>

A Deputación destina 100.000 euros para sufragar o programa de actividades sociais e culturais do centro asociado á UNED da Coruña

A Deputación destina 100.000 euros para sufragar o programa de actividades sociais e culturais do centro asociado á UNED da Coruña

A Deputación da Coruña apoia con 100.000 euros ao Centro Asociado á UNED da Coruña para o financiamento da súa programación de actividades sociais e culturais durante o ano 2023.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o director do centro asociado da UNED na Coruña, Germán Carro Fernández, asinaron hoxe o convenio de colaboración a través do cal a institución provincial financia este ciclo de actividades. No acto estivo tamén o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

No pasado curso a UNED programou un total de 59 actividades, conferencias e cursos polas que pasaron 4.197 alumnos e alumnas, e que abranguen disciplinas tan diversas coma o Dereito, a investigación social, a literatura e a historia ou as novas tecnoloxías.

Destacaron na pasada edición actividades como a Mediación no eido educativo e as súas prácticas, o programa TICs para a UNED Senior, ou o relatorio «A intimidade e as súas dimensións».

Formoso destacou a «o amplo abano da programación que ofrece a UNED ao alumnado e que permite o acceso á educación a persoas de todas as idades na provincia co fin de que poidan ampliar os seus coñecementos dun xeito áxil e obtendo certificacións do máis alto nivel».

Compartir

Novas destacadas

A Deputación da Coruña leva por primeira vez os xurados do Premio Torrente Ballester á Fundación que leva o nome do escritor 

A Deputación presenta a segunda edición das Xornadas das Bibliotecas Municipais da provincia, centrada na intelixencia artificial e nos novos retos do sector

A Deputación presenta o documental “Cantiga de amiga” sobre a homosexualidade feminina na Idade Media