Saltar al contenido
>

Cultura da Deputación convoca o XVIII Premio Jesús Núñez de arte gráfica

Cultura da Deputación convoca o XVIII Premio Jesús Núñez de arte gráfica

Entre o 2 de maio e o 30 de xuño estará aberto o prazo de presentación de traballos ao XVIII Premio Jesús Núñez de arte gráfica, que convoca a Deputación da Coruña na súa liña de apoio á creación artística.

Dotado con 6.500 euros para a obra gañadora e unha exposición na Fundación CIEC, concede ademais dous accésits, consistentes cada un deles nunha bolsa de matrícula dun módulo do Máster de Obra Gráfica impartido pola citade entidade.

Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras non premiadas en ningún outro concurso ou certame. Cada artista poderá presentar un máximo dunha obra, en calquera das disciplinas das técnicas gráficas: gravado calcográfico, litografía, serigrafía, xilografía e as súas derivacións.

Myriam Gesalaga Eizagirre, coa obra «Ikatz / Harri II», foi a gañadora na edición de 2022, na que os accésits recaeron en Fátima Conesa Oliva, por «El mar recordó», e en Claudia Regueiro Puigdevall, por «s/t (open letter)». O xurado concedeu, ademais, dúas mencións de honra: para Joan Polo Campalans, por «sen título», e para Miriana Pino, por «Composizione Polifonica».

Compartir

Novas destacadas

La Diputación de A Coruña conmemora el 90 aniversario del Estatuto de Galicia de 1936 con una serie de vídeos

La Diputación premia 20 iniciativas en la 2ª edición de los Premios a Proyectos Culturales Singulares para la Mejora Social

La Diputación reafirma su compromiso con Númax