Anuska Fernandez coa colaboración de Yas Deluaces | “TRAKTOR” | 2026
Anuska Fernandez coa colaboración de Yas Deluaces | “TRAKTOR” | 2026
- Data
- 06/10/2026
- Residencia Artística
- Localidad
- Mazaricos
- Espacio
Proceso de creación realizado para o proxecto Escora, coreografiado, musicado e dirixido por Anuska Fernándes e Yas Deluaces entre febreiro e xuño xunto co alumnado de danza e a veciñanza do concello de Mazaricos.
“Conclúe nun espectáculo de danza interxeracional que nace no rural e bebe da memoria compartida do territorio. A través da música, do movemento e da palabra, exploramos as relacións que tecen comunidade, os ritmos do cotiá, os corpos que revelan ambigüidade, a sorna, os rituais, as celebracións ou a idiosincrasia convértense en danza,en memoria viva. Dende o imaxinario colectivo, abrimos camiños para resignificar a tradición e crear cultura propia no presente.”
Sobre Anuska Fernandes e Yas Deluaces
YAS DELUACES
Yas Deluaces é unha música e artista sonora de Mazaricos. Gaiteira e compositora, graduouse en belas artes e especializouse en arte sonoro en Barcelona. O seu traballo creativo versa sobre o imaxinario galego colectivo, sobre o rural e a realidade máxica destes dous mundos. A través da oralidade e a sonoridade da música popular e experimental conecta o folclore coa memoria atemporal, co decrecer para conectar con unha mesma e coa comunidade.
ANUSKA FERNÁNDEZ
Anuska fórmase en ballet, flamenco e jazz entre Madrid e Tenerife. Especialízase en Londres en Danza Contemporánea e Coreografía na Middlesex University e en Teatro Físico na Royal Holloway University of London. Como bailarina e coreógrafa presenta obras en teatros, museos e outros espazos alternativos. A través dos seus traballos busca contar historias mesturando realidade e ficción, o cotidiá e absurdo, o tráfico e o cómico. Interésanlle as persoas, as emocións, contradicións, a poesía no corpo, a loucura, a danza como mecanismo social.
Coñécense en Mazaricos e dende alí mesturan as súas formas, para crear este espectáculo de danza e música para a súa presentación no marco da celebración de Escora, involucrando tamén as persoas da comunidade.
Vídeo del evento
Compartir