Rut Balbís + AC Raiganhas | “0. Que todo volva a comezar” | 2026
Rut Balbís + AC Raiganhas | “0. Que todo volva a comezar” | 2026
- Data
- 06/10/2026
- Residencia Artística
- Localidad
- Cerqueda, Malpica
- Espacio
Proceso de creación realizado para o proxecto Escora, coreografiado e dirixido por Rut Balvís durante os meses de abril, maio e xuño xunto co profesorado de AC Raigañas e as crianzas e adolescentes participantes.
“Nesta peza queremos falar do mundo no que vivimos e de como o vemos nós, as/os adolescentes. Ás veces pensan que non estamos atentas ao que pasa ao noso redor, pero si que o estamos. Vemos os conflitos, os cambios na tecnoloxía e o reto do cambio climático. Todo iso preocúpanos, porque tamén formamos parte do mundo e do que está a pasar.
Pero tamén nos importan as cousas máis pequenas, que nos afectan cada día: as amizades, os cambios de humor, as dúbidas, o medo a equivocarnos e o futuro, que ás veces parece moi grande e difícil de entender.
Somos unha xeración que quere entender, que quere mellorar as cousas e que ten ganas de dar un xiro ao que non nos gusta.
Esta proposta é unha invitación a comezar de novo, a cambiar, a atreverse a facer as cousas doutro xeito. Porque nós non só formamos parte do cambio… somos o cambio”.
Sobre Rut Balbís e AC Raiganhas
RUT BALBIS
Creadora-coreógrafa, intérprete e docente en artes do movemento. Licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, formouse en danza contemporánea en The Place (Londres).
Dirixe dende 2004 a compañía Pisando Ovos, premiada no Certame Coreográfico de Madrid e presente en redes de teatros e festivais estatais e internacionais. Colabora habitualmente con destacadas compañías de teatro e danza como asesora e directora de movemento.
No 2019 recibiu o Premio da Crítica de Galicia e en 2023 o Premio María Casares á Mellor Dirección de Movemento.
A C RAIGAÑAS
A Asociación cultural Raigañas é unha Asociación sen ánimo de lucro que se creou no ano 1979. A A.C. Raigañas fundaméntase nos seguintes 4 pilares:
- Coidar, empregar e promover nos máis cativos o uso da nosa lingua galega.
- Coidar e manter vivo o legado cultural que nos deixaron os nosos ancestros e que forma parte da nosa identidade como galegos.
- Transmitir a cultura musical e oral ás novas xeneracións.
- Facilitar a relación entre nenas, nenos , mozas e mozos de diferentes concellos compartindo a música e o baile.
Dentro do seo da Asociación creouse unha Escola de baile e música tradicional que leva funcionando ininterrumpidamente 47 anos, nela apréndense bailes e cantigas tanto da Comarca de Bergantiños como de outras Comarcas de Galicia. Tamén vela por recuperar e manter as tradicións da súa parroquia e leva a cabo outro tipo de actividades co principal obxetivo de entreter e proporcionarlle ás socias e socios da asociación alternativas para aprender e para disfrutar. O número de socias e socios da Asociación supera os 200. Pero benefícianse das actividades que desenrola a asociación máis de 600 persoas cada ano.
O grupo de pandeireteiras Raigañas ven de grabar o seu segundo disco. O grupo de pandeireteiras Raigañas, as vellas, poseen un amplo curriculum, participaron en varios festivais relevantes e colaboraron/an con artistas galegos coma: Mercedes Peón, Xabier Díaz, Luar na Lubre, Caamaño e Ameixeiras, Mari Carme.
Vídeo del evento
Compartir