

Reunión con Alessandra Monterrey Santiago
Información sobre la reunión
- Fecha: 25 de octubre
- Lugar: Biblioteca pública Municipal de Barqueiro – Mañón
Sobre Alessandra Monterrey Santiago
Panamá, 1989
Alessandra Monterrey Santiago é poeta, actriz, declamadora, cantante e avogada. É cofundadora do dúo musical CORDAL. A súa traxectoria literaria foi recoñecida con numerosos premios, entre eles o Concurso Nacional de Literatura Ricardo Miró (2021) polo libro La mujer que lloraba hormigas. Cuadernos.
Entre as súas obras destacan tamén La perfección de lo finito, gañadora do Concurso Municipal de Poesía León A. Soto (2018); Me ilumino de inmensidad, Premio IPEL (2017); e En un bosque donde todos los pájaros son llamas, Premio de Poesía Joven Gustavo Batista Cedeño (2016).
A súa relación coa escrita comezou cedo: en 2001 obtivo o primeiro premio no Concurso de Cuento Infantil Medio Pollito co relato Las tazas de porcelana.
Enlaces
Compartir