---
title: "Cultura para a vida mellor"
description: "Cultura para a vida mellor. A cultura é relación, coñecemento, construción de civismo e de xeitos de estar na vida e no mundo. Unha ferramenta de formación e transformación para a vida mellor. Que é C..."
url: https://aculturaeundereito.gal/cultura-para-vida-mellor/
date: 2026-07-22
modified: 2026-08-07
author: "admin"
image: https://aculturaeundereito.gal/wp-content/uploads/2026/06/Default-post02.jpg
type: page
lang: gl
---

# Cultura para a vida mellor

# Cultura para a vida mellor

A cultura é relación, coñecemento, construción de civismo e de xeitos de estar na vida e no mundo. Unha ferramenta de formación e transformación para a vida mellor.

## Que é Cultura para a vida mellor

Cultura para a vida mellor é unha liña de traballo da Área de Cultura da Deputación da Coruña orientada a recoñecer e apoiar proxectos e entidades que, desde a cultura, traballan e contribúen á mellora social.

Desenvólvese a partir dun certame anual dirixido a cooperativas, empresas e entidades lucrativas que desenvolven proxectos culturais con enfoque social. Compleméntase con encontros de traballo con axentes no territorio e cunha liña de publicacións que divulga as iniciativas e as reflexións teóricas ao redor da acción cultural como ferramenta de transformación.

![](https://aculturaeundereito.gal/wp-content/uploads/2026/04/PREMIOS-PROXECTOS-CULTURAIS-SINGULARES.svg)

## Certame “Fondo de apoio a proxectos Culturais Singulares para a Mellora Social”

[Máis información](https://aculturaeundereito.gal/cpt-premios/2026-ii-certame-fondo-de-apoio-a-proxectos-culturais-singulares-para-a-mellora-social/)
