---
title: "Cultura da Deputación presenta a cuarta edición de Escora Danza, que se desenvolverá en cinco concellos do 25 de maio ao 8 de xuño"
description: "Malpica acolleu esta mañá a presentación da cuarta edición de Escora Danza, un proxecto da Deputación que se desenvolverá do 25 de maio ao 8 de xuño nos concellos de Corcubión, Malpica, Muxía, Vimianz..."
url: https://aculturaeundereito.gal/es/cultura-da-deputacion-presenta-a-cuarta-edicion-de-escora-danza-que-se-desenvolvera-en-cinco-concellos-do-25-de-maio-ao-8-de-xuno/
date: 2025-05-21
modified: 2025-05-21
author: "admin"
image: https://aculturaeundereito.gal/wp-content/uploads/2025/05/1747819810328.jpg
categories: ["Cultura"]
tags: ["cultura", "prensa"]
type: post
lang: es
---

# Cultura da Deputación presenta a cuarta edición de Escora Danza, que se desenvolverá en cinco concellos do 25 de maio ao 8 de xuño

Malpica acolleu esta mañá a presentación da cuarta edición de Escora Danza, un proxecto da Deputación que se desenvolverá do 25 de maio ao 8 de xuño nos concellos de Corcubión, Malpica, Muxía, Vimianzo e Zas, co obxectivo «tecer pontes entre a creación artística e a vida das nosas vilas, entre a danza contemporánea e o sentir profundo dos nosos territorios», tal e como destacou a deputada, Natividade González.

«ESCORA non é simplemente unha programación de espectáculos; é un proxecto que entende a cultura como un dereito, como unha ferramenta de transformación social e como un espazo de encontro» expresou González. «Trátase de crear dende o territorio e co territorio, de recoñecer os saberes locais e poñelos en diálogo coas linguaxes contemporáneas». A danza convértese, así, nunha «ferramenta de cohesión, de recoñecernos como comunidade. Dende as crianzas ata as persoas maiores, pasando polas asociacións culturais, ESCORA implica, convoca e convida. Aquí non hai espectadores pasivos: hai participación activa, hai corpo, emoción e pertenza», apuntou. E, concluíu, «a cultura pública, viva e descentralizada, é tamén un acto político de coidado, democracia e xustiza social».

A comisaria do proxecto, Marcia Vázquez, sinalou que «unha das maiores forzas» da danza é a de «xerar unha unión». Neste sentido, explicou que o programa «atende a tres eixos concretos: a diversidade LGTBIAQ+, o ecoloxismo e o coidado do territorio, e a música e danza tradicionais dende unha perspectiva contemporánea»

**Programa**
5 concellos, 15 asociacións e 9 compañías ou artistas galegas conforman un programa que, durante tres fins de semana entre o 25 de maio e o 8 de xuño, encherá as rúas de danza nunha diversidade de formatos. Unha programación que inclúe propostas escénicas de carácter multidisciplinar, con música en directo, residencias, encontros de reflexión, obradoiros interxeracionais, roteiros e unha limpeza de río.

- Corcubión (25 e 31 de maio):

- Zas (30 de maio e 5 de xuño):

- Malpica de Bergantiños (1 de xuño):

- Muxía (6 e 7 de xuño):

- Vimianzo (6 e 8 de xuño):

Toda a programación pode consultarse en https://escoradanza.gal/
