---
title: "A deputada de cultura, Natividad de Jesús González, visita a Casa de Rosalía"
description: "A deputada de cultura, Natividad de Jesús González, visitou esta mañá a Casa de Rosalía, acompañada do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, que lle mostrou algúns dos seus últimos..."
url: https://aculturaeundereito.gal/a-deputada-de-cultura-natividad-de-jesus-gonzalez-visita-a-casa-de-rosalia/
date: 2023-11-16
modified: 2023-11-16
author: "admin"
image: https://aculturaeundereito.gal/wp-content/uploads/2023/11/Visita_Casa_de_Rosalia_1.jpeg
categories: ["Cultura"]
tags: ["cultura", "prensa"]
type: post
lang: gl
---

# A deputada de cultura, Natividad de Jesús González, visita a Casa de Rosalía

A deputada de cultura, Natividad de Jesús González, visitou esta mañá a Casa de Rosalía, acompañada do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, que lle mostrou algúns dos seus últimos proxectos que están levando a cabo.

**Colaboración coa Casa de Rosalía**
Este encontro desenvolveuse no marco da colaboración entre ambas entidades. Actualmente, a Deputación está tramitando a habilitación dunha partida de 60.000€ para o financiamento das obras de mellora do xardín da Casa de Rosalía. Unha actuación que se suma a moitas outras, como a reforma do interior do auditorio da Casa de Rosalía, financiada pola Deputación con 60.000€.

“A Casa de Rosalía é patrimonio e historia de Galicia e unha das xoias máis destacadas que temos na provincia e no país” apunta a deputada de cultura, “por iso non podemos máis que apoialo dende un punto de vista patrimonial pero tamén cultural e social” engade.

A deputada aproveitou esta visita, ademais, para coñecer algúns dos proxectos que teñen en marcha dende a Fundación. En concreto, dúas exposicións: Mostra dos 50 anos da Casa de Rosalía e a mostra do ‘Herbario de Rosalía’. Ademais, firmou o Libro de Honra da Fundación Rosalía.
