---
title: "A Deputación subvenciona con 950.000 euros as actividades culturais das entidades sen fins de lucro en 2025"
description: "O Boletín Oficial da Provincia publicou a concesión definitiva do programa FO203, de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2025. A adminis..."
url: https://aculturaeundereito.gal/a-deputacion-subvenciona-con-950-000-euros-as-actividades-culturais-das-entidades-sen-fins-de-lucro-en-2025/
date: 2025-08-13
modified: 2025-08-13
author: "admin"
image: https://aculturaeundereito.gal/wp-content/uploads/2025/08/subvencions-agosto-2025_FO_215_copia.png
categories: ["Cultura"]
tags: ["cultura", "prensa"]
type: post
lang: gl
---

# A Deputación subvenciona con 950.000 euros as actividades culturais das entidades sen fins de lucro en 2025

O Boletín Oficial da Provincia publicou a concesión definitiva do programa FO203, de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2025. A administración provincial inviste 949.039 euros, repartidos entre 106 beneficiarios, que recibirán axudas de entre 3.000 e 27.000 euros.

As subvencións distribúense así:

- 62 entidades que desenvolven a súa actividade ordinaria na provincia da Coruña: 607.972 €.
- 15 entidades que desenvolven a súa actividade ordinaria tanto dentro como fóra da provincia da Coruña: 179.485 €.
- 7 entidades veciñais e de tempo libre: 32.518 €.
- 14 entidades socioeducativas: 77.383 €.
- 8 entidades sociais e asistenciais: 51.678 €.

**Formacións musicais**
A administración provincial tamén aprobou a concesión definitiva, por un total de 195.377 euros, do programa FO214, de subvencións a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato, para a realización de investimentos culturais en 2025. Serán 56 os beneficiarios, que recibirán axudas de entre 1.500 e 9.750 €.

A relación de beneficiarios das dúas liñas de subvencións pode consultarse no BOP do 31 de xullo.
