---
title: "A Deputación conmemora o Día Mundial da Poesía cun espectáculo poético sonoro"
description: "A área de Cultura da Deputación da Coruña conmemora o Día Mundial da Poesía cun espectáculo baseado na obra de Manoel Antonio. Terá lugar o luns 21 ás 20:30 no Teatro Colón baixo o título 'Máis Alálá'..."
url: https://aculturaeundereito.gal/a-deputacion-conmemora-o-dia-mundial-da-poesia-cun-espectaculo-poetico-sonoro/
date: 2022-03-17
modified: 2022-03-17
author: "admin"
image: https://aculturaeundereito.gal/wp-content/uploads/2022/03/MAIS_ALALA.jpg
categories: ["Cultura"]
tags: ["cultura", "prensa"]
type: post
lang: gl
---

# A Deputación conmemora o Día Mundial da Poesía cun espectáculo poético sonoro

A área de Cultura da Deputación da Coruña conmemora o Día Mundial da Poesía cun espectáculo baseado na obra de Manoel Antonio. Terá lugar o luns 21 ás 20:30 no Teatro Colón baixo o título ‘Máis Alálá’ e correrá a cargo do músico Alejandro Vargas e do escritor e performer Xelís de Toro. A entrada para asistir a este espectáculo é de balde, previa retirada de convite na páxina web do Teatro Colón.

‘Máis Alálá’ está concibido como un proxecto poético sonoro performático inspirado no poemario ‘De catro a catro’ de Manoel Antonio e o título é unha recreación do título do manifiesto literario ‘Máis Alá’ que Manoel Antonio realizou xunto con Álvaro Cebreiro en 1922.

Partindo dos 19 poemas do libro ‘De catro a catro’ os artistas crean un sinxelo programa informático para transpoñer as letras dos poemas a números e posteriormente a notas musicais. Isto permítelles traballar cun banco de palabras e cun banco de notas musicales nos que o azar forma parte da proposta escénica.
