---
title: "A Deputación apoia a 13 entidades audiovisuais para a difusión de obras en lingua galega"
description: "A Deputación da Coruña ven de aprobar de forma definitiva as axudas do Programa FO301/2025, dirixido a empresas sen ánimo de lucro dedicadas á produción e distribución audiovisual para potenciar a exh..."
url: https://aculturaeundereito.gal/a-deputacion-apoia-a-13-entidades-audiovisuais-para-a-difusion-de-obras-en-lingua-galega/
date: 2025-07-02
modified: 2025-07-02
author: "admin"
image: https://aculturaeundereito.gal/wp-content/uploads/2025/07/05A7785-scaled.jpg
categories: ["Cultura"]
tags: ["cultura", "prensa"]
type: post
lang: gl
---

# A Deputación apoia a 13 entidades audiovisuais para a difusión de obras en lingua galega

A Deputación da Coruña ven de aprobar de forma definitiva as axudas do Programa FO301/2025, dirixido a empresas sen ánimo de lucro dedicadas á produción e distribución audiovisual para potenciar a exhibición, comercialización e distribución de obras en lingua galega na provincia da Coruña durante 2025.

En total, concedéronse 13 subvencións por un importe global de 146.368,91 euros, destinadas a apoiar a exhibición, comercialización e distribución de obras audiovisuais en galego na provincia da Coruña ao longo de 2025. Esta iniciativa da Deputación reafirma o seu compromiso co impulso da cultura propia, o fomento do uso da lingua galega e o respaldo ao talento creativo e empresarial do sector audiovisual.

Entre os proxectos beneficiarios atópanse “Estrea en VOS en galego”, de Animala Estudio Audiovisual; “SIRAT / Oliver Laxe”, de BTeam Pictures; e “Tralovento”, longametraxe presentada por Zeitun Films. Tamén recibirán apoio Filmika Galaika por “Adeus, Berta”; 7 Camiños Films por “As Estacións”; Illa Bufarda por “As Liñas Descontinuas”; Miramemira por “A Foreign Song”; Gaitafilmes por “As Neves”; Film Tanks por “Tralo Invisible”; Rebordelos, por “Almas do Tempo”; Aio Producións por “Raia”; e Abano Producións, por “Cando toco un animal”.

Estas axudas permiten fortalecer o tecido cultural da provincia e consolidar unha industria audiovisual máis diversa, que aposta pola identidade propia e pola normalización do galego como lingua vehicular das creacións contemporáneas. A convocatoria reflicte a vontade institucional de apoiar proxectos que contribúan a construír un panorama cultural plural, innovador e comprometido co territorio.

O detalle das entidades beneficiadas pode consultarse no BOP do 1 de xullo
